Vai chegando o inverno de paseniño á Balea Violeta. Para esta ocasión rebuscamos no almacén (e tamén na casa ;P )obxectos e materiais co que poder dar forma ao pequeno pobo que queríamos construir e así, darlle vida ao noso escaparate invernal feito con material de refugallo. Porque ainda que esta época caracterízase por un consumo desaforado, dende
A Balea Violeta apostamos polo consumo responsable, polo Feito Por Ti, por darlle nova vida ao que temos por casa.
"Reducir, Reusar, Recuperar e Reciclar"
Non vos parecen uns bos propósitos para iniciar o novo ano?
Porteo, colos quentiños en lá e polar, cobertores, pantalóns abrigosiños, sudadeiras......