20 de mayo de 2014

Semana Mundial do Parto e Nacementos respetados 2014







A Semana Mundial do Parto Respetado acontece cada ano durante o mes de Maio.

A Semana Mundial do Parto Respetado 2014 celébrase do 19 ao 25 de Maio baixo o lema "Parir é Poder" (ENCA-European Network of Childbirth Associations – Rede Europea de Asociación sobre oNacimiento): Birth is Empowering)

Permite coñecer e expoñer as diferentes propostas internacionais sobre como nacemos, como parimos, en que grado de respecto e atención emocional.

A proposta é elaborar obxectivos e ideas para realizar lemas comúns que favorezan a posta en marcha de protocolos que atendan o proceso do nacemento dende o respeto e o coidado persoal, sen perder de vista os dereitos das mulleres a decidir como queremos parir.

A Semana Mundial por un Parto Respetado é unha iniciativa de AFAR(Alliance Francophone pour l'Accouchement Respecté), unha organización sen ánimo de lucro fundada no ano 2003 e que dende o 2011 a sua coordinación depende da European Network of Childbirth Associations (ENCA).


No documento elaborado pola OMS: "Coidados no parto normal.Unha guía práctica" podemos atopar recomendacións e prácticas consideradas útiles durante un parto, así como aquelas que son claramente perxudiciais ou ineficaces e que deberían ser eliminadas dos protocolos de atención aos partos. Prácticas sen evidencias de eficacia que deberían reducirse e que a miúdo son usadas de xeito e en cantidade inadecuada.


blogs falando da SMPNR
Mámoa
Educer: Semana Mundial del Parto Respetado
El parto es nuestro
Bebes y mas












18 de marzo de 2014

Obradoiro Porteo: O Uso do Mei Tai

O vindeiro Sábado 29 de Marzo teremos ás compañeiras de NaLúa Portabebés en A Balea Violeta falando e compartindo con nós a súa experiencia no porteo con Mei Tai

As prazas son limitadas, si queredes acompañarnos so tedes que chamar ao teléfono 881 256 755 (10.30-14.00//17.00-20.30) ou enviar unha mensaxe á dirección-e abaleavioleta@gmail.com (datos: nome e teléfono de contacto), para reservar a praza. As reservas serán por orden de inscripción.





12 de marzo de 2014

Cueiros de Tea TotsBots

Fai uns días chegaron a A Balea Violeta os cueiros TotsBots. Recomendados por unha clienta decidimonos a probar, e de certo namoramos deles ao primeiro contacto. Son suaves tanto no exterior coma no interior.
Adaptables con velcro e cuns estampados lindísimos.


Trátase duns cueiros Todo En Un na súa versión mais actual EasyfitV4, agora con Bambú en contacto coa pel e cun absorvente extra


Sen dúbida son unha boa aposta en cueiros. Tanto que xa case voaron das estanterias. Así que en breves un novo pedido con mais cores e estampados.

Si queres velos, non dubides en pasarte a visitarnos.




8 de Marzo- Día das Mulleres Traballadoras

Dende A Balea Violenta queremos conmemorar esta data fundamental para a Vindicación dos Dereitos das Mulleres.
Nunha época na que os dereitos individuais e colectivos están a sofrer un restroceso a periodos menos desexados, faise mais importante que nunca lembrar de onde vimos para continuar no camiño.

Por que tódolos días son 8 de Marzo


4 de marzo de 2014

Martes 4 de Marzo- Fechamos para disfrutar en Familia de Entroido

 


Esta tarde do Martes 4 queremos disfrutar en familia da festa do Entroido.

 Ímonos disfrazar - O certo é que xa estamos- e salir a tomar as rúas Compostelanas (e seguro que algún lugar con teito tamén, porque aquí non para de chover) para enchelas de cores e alegría. A ver si conseguimos atraer ao noso desexado Lourenzo.

Así que decidimos que hoxe, A Balea Violeta permanecerá fechada pola tarde.


Voltaremos mañá día 5 en horario habitual.
Desculpade as molestias.
 




Escaparate de Antroido


En plena época de Entroido, A Balea Violeta viste as súas millores galas para desfrutar desta época de liberdade estética. 

A nós gústanos estar de Entroido todo o ano, así que no noso espacio gostamos de ter roupas mais aló da formalidade, cheas de colorido e apliques divertidos.
Que non pare a alegría!

                                               



 
 
 
 E sexa cal sexa a tua vestimenta, portear sempre é un pracer. Non haberá beirarúa, escalón ou bache que te impida chegar á festa de destino.


Aquí algunhas ideas de disfraces porteadores:








Mi Rincón de Mariposas