20 de mayo de 2014

Semana Mundial do Parto e Nacementos respetados 2014







A Semana Mundial do Parto Respetado acontece cada ano durante o mes de Maio.

A Semana Mundial do Parto Respetado 2014 celébrase do 19 ao 25 de Maio baixo o lema "Parir é Poder" (ENCA-European Network of Childbirth Associations – Rede Europea de Asociación sobre oNacimiento): Birth is Empowering)

Permite coñecer e expoñer as diferentes propostas internacionais sobre como nacemos, como parimos, en que grado de respecto e atención emocional.

A proposta é elaborar obxectivos e ideas para realizar lemas comúns que favorezan a posta en marcha de protocolos que atendan o proceso do nacemento dende o respeto e o coidado persoal, sen perder de vista os dereitos das mulleres a decidir como queremos parir.

A Semana Mundial por un Parto Respetado é unha iniciativa de AFAR(Alliance Francophone pour l'Accouchement Respecté), unha organización sen ánimo de lucro fundada no ano 2003 e que dende o 2011 a sua coordinación depende da European Network of Childbirth Associations (ENCA).


No documento elaborado pola OMS: "Coidados no parto normal.Unha guía práctica" podemos atopar recomendacións e prácticas consideradas útiles durante un parto, así como aquelas que son claramente perxudiciais ou ineficaces e que deberían ser eliminadas dos protocolos de atención aos partos. Prácticas sen evidencias de eficacia que deberían reducirse e que a miúdo son usadas de xeito e en cantidade inadecuada.


blogs falando da SMPNR
Mámoa
Educer: Semana Mundial del Parto Respetado
El parto es nuestro
Bebes y mas












No hay comentarios:

Publicar un comentario

O noso espazo aliméntase das túas opinións e comentarios. Grazas